Mostra a túa empresa por dentro e por fóra

As fotos e os percorridos virtuais axudan a que as persoas decidan visitar unha empresa. Impulsa a túa presenza en liña, e mostra a túa empresa por dentro e por fóra en todo o seu esplendor. Permite que a clientela vexa imaxes de Street View antes de visitar a túa empresa para facerse unha idea do que pode esperar.

Icona do mundo de Google Street View

Máis de 100

países e territorios en Street View

Icona dos usuarios de Google Street View

Máis de mil millóns

de usuarios ao mes en Google Maps

Icona de localización de Google Street View

Máis de 200 millóns

de empresas e lugares con presenza en Google Maps

Liña verde de Google Street View na páxina de empresas

Móstralles aos usuarios o que poden agardar cunha vista en 360° do teu escaparate

Crea as túas propias imaxes dos espazos exteriores para guiar os visitantes ata a túa localización e móstralles información importante (por exemplo, onde poden aparcar ou se a entrada está adaptada para cadeiras de rodas).

Vista en 360° dun escaparate en Google Street View

Fai que a túa empresa destaque cun percorrido virtual

Dálle á clientela a benvida ao interior da túa localización para amosarlle como é a túa empresa e o que ofrece antes de que chegue. Tira fotos das instalacións, dos estantes de produtos e dos menús, e publícaas en Street View. Tamén podes pedirlle a un profesional que che axude a facelo.

Crear o teu percorrido virtual
Percorrido interior en 360° da tenda Wonders Boutique (Zanzíbar) en Google Street View

Fai que os visitantes volvan mostrándolles imaxes novas

Acabas de facer unha remodelación ou comezaches a ofrecer novos produtos? Actualiza as túas fotos en Street View.  Controla a túa imaxe en liña ofrecéndolle periodicamente á clientela información actualizada sobre novidades e ofertas incribles.

Escaparate dunha empresa en Google Street View (Getty Images: Tinpixels)
Liña amarela de Google Street View na páxina de empresas

Instrucións para comezar

Icona de cámara de Google Street View

Faite cunha cámara ou contrata un profesional

Homiño laranxa de Google Street View tirando unha foto

Crea as túas imaxes

Publicación de imaxes en Google Street View con Street View Studio

Publica as túas imaxes